Álbum diario Campamento "Telón de aventuras" Teatro en Entrimo. Q2

Día 1: 

Emoción, primeiras amizades, miradas coñecedoras. Todo isto mentres pola mañá fixemos xogos de presentación e recibimos a todos os participantes.

Chegamos, os participantes coñecen aos monitores e aos seus novos compañeiros de aventura, coñecen o campamento e as instalacións que serán a súa casa durante os próximos 10 días.

Despois das actividades para coñecer o entorno e o equipo de monitores entramos no comedor, pola tarde preséntanse os materiais cos que conviviremos: Wakachina (caixa de obxectos perdidos) e Camerómetro (As súas habitacións serán camerinos, con unha estrela no paseo da fama para os máis organizados).

Pola tarde todos xogan a Galos e romanos, un xogo ambientado na famosa película de Astérix e Obélix e facemos a proba de natación.

Pola noite non podían faltar á primeira velada, na que convivirán con cantantes e artistas aos que terán que conquistar se queren que o seu equipo teña un bo resultado.




Día 2

Espertámonos no noso marabilloso campamento, e algúns nenos e nenas espertáronnos antes de que soase a música, a nosa primeira noite no campamento.
Hoxe os dous grupos: Traxedia e Comedia, pola mañá fixeron xogos cooperativos e un obradoiro de formación teatral.

No tempo libre comezaron os torneos de cartas Magic e fixéronse pulseiras e minixogos.

Pola tarde tivemos unha marabillosa aula de natureza no recuncho verde e tamén un gran xogo.

Pola noite despois dunha velada máxica na que tivemos que rescatar e atopar algúns obxectos do cine para recuperar os personaxes das películas, fixemos unha escoita activa sobre sentimentos.

Tivemos unhas reflexións moi interesantes.

Un bico familias.





Día 3

Ola familias! Hoy seguimos coñecendo, o terceiro día e as sonrisas e cancións comezan a fluir entre todos e todas. Nos preparamos para comezar a mañá de expresión corporal e orientación, a descubrir cada esquina do campamento coa axuda do GPS para capturar Pokemons!

O ratito de piscina foi moi entretenido e durante a tarde levamos cabo técnicas de circo e deportes acuáticos, ao auga! 

Tras a cena finalizamos o día cunha velada da Carreira da Creatividad, non visitaron un montón de artistas famosos, na que tuvieron que dar o mellor de sí mesmos para superar as diferentes probas.

Estamos disfrutando moito, 
moitos besos familias!






Día 4

Comezamos o día co almorzo en grupo e cunha das nosas partes favoritas, a Activa-T.
Comezan os ensaios teatrais, que esta mañá alternarán con xogos deportivos e o gran partido do Safari!

Pola tarde emprendimos a ruta, buscando unhas pozas de sombra onde refrescarnos, e na volta duchámonos.
Durante a tarde e ata a hora da ducha fixemos un “túnel de desinfección” para evitar piollos.
Ceamos e comezamos a nosa noite de Mamut e a Lúa onde coñecerán os deuses gregos cunha gran actuación de todo o equipo.




Día 5

Comeza o día coas nosas rotacións en 5 grupos: Expresión corporal, dramatización, circo e por último abrimos o rocódromo!

Paramos a comer, hoxe arroz tres manxares e filetes de porco con verduras asadas.
Pola tarde comezamos as nosas rotacións de teatro, con expresión corporal e circo, comezamos a baixar a tirolina!

Preparámonos para a noite do cluedo, ambientada en Hollywood, onde tivemos que investigar para descubrir que pasou co misterio que se agocha tras un famoso produtor musical.
Campamento Ecuador.

Grazas por todo familias!



Día 6

Bos días familias!
Hoxe o día deunos un descanso do sol e puidemos gozar dun día fantástico.
Comezamos o día co noso xogo co noso ensaio xeral, comezamos a materializar todo o aprendido durante o campamento, é o momento de poñernos mans á obra onde darán forma aos seus proxectos teatrais previos á representación final. Na segunda parte da mañá tivemos a actividade Conecta2 na que os campistas xogarán e reflexionarán sobre a empatía cos demais e xerarán un sentimento de unión.
Pola tarde continuamos coas rotacións: Dramatización, rocódromo, formación en artes escénicas, circo e expresión corporal.
E pola noite tivemos a oportunidade de capturar a uns superheroes que estaban polo campamento e probar todos os seus poderes.

Mañá saímos familias á estrada, teñades paciencia coas chamadas.
Grazas por estar do outro lado.






Día 7

Bos días familias!
Hoxe tivemos unha temperatura ideal. Por iso hoxe fomos de camiñada! De mañá a tarde para bañarnos nas instalacións da piscina natural preto de Entrimo, onde comemos unha deliciosa empanada caseira, volvemos directos á piscina e duchamos.

Grazas pola túa paciencia nas chamadas familias!

Ao caer a noite comezamos a nosa velada circense, na que unha das estrelas do gran circo ambulante conseguirá herdar a compañía.

Só nos quedan dous días, non queremos que remate o campamento.

Moitos bicos





Día 8

Bos días familias!
Hoxe comezou a xornada coas rotacións de teatro: dramatización, circo, adestramento e expresión corporal, nas que seguen aprendendo a mellorar as súas habilidades e rocódromo con tirolina, esta tarde seguimos cos ensaios xerais, as obras xa están totalmente preparadas para A Gran festa final mañá pola tarde.

Visitaranos dende a Xunta para realizar un obradoiro de batidos saudables.

Pola noite tivemos que pasar as probas grupais Marvel vs DC, nas que os equipos deben facer todo o posible para superar os retos xuntos!

Mañá lembrade que temos chamadas e que haberá que saber a hora aproximada de recollida.

As primeiras bágoas comezaron a fluír.

moitos bicos!






Día 9.

Bos días familias!
Último día do noso campamento. Non podemos describilo hoxe. Unha das máis emocionantes do verán. Pola mañá os grupos comezaron a ultimar os detalles das actuacións que íamos facer pola tarde. Despois da merenda comezamos o noso exitoso obradoiro de camisetas TYE-DYE. E pola tarde os últimos ensaios xerais e despois da merenda a actuación final. Extraterrestres, meigas, insectos e animais de todo tipo, programación televisiva, tiñamos de todo. Todo o que aprendemos no campamento poñémolo en práctica.

Os monos tamén tiveron unha sorpresa e déronnos agasallos. Todos choramos, non queremos que isto remate.

Para rematar, a estrela da noite: a furia.

Vémonos mañá familias.
Grazas por todo






Despedida:

Adxuntamos a canción que cantamos todos xuntos sobre o campamento.

Esta aventura chega ao seu fin...

“-¿Que queres dicir? -Cando mires ó ceo, polas noites, como eu vivirei e rirei nunha delas, entón será como se risen tódalas estrelas. Terás estrelas que saben rir. Riu outra vez. -E cando estea xa consolado (sempre se acaba consolando un) sentiraste contento de me ter coñecido. Sera-lo meu amigo e terás ganas de rir comigo. Ás veces abrira-la túa fiestra soamente por pracer... E os teus amigos quedarán pasmados de te ver rir ollando o ceo. Entón diraslles: «Si, as estrelas fanme rir sempre». Eles pensarán que estás tolo. E eu fareiche deste xeito, unha mala xogada. E riu outra vez. -Será como se en vez de estrelas, che dera un montón de axouxeriños que souberan rir.”
O principiño.
Grazas por esta aventura.
10 días para coñecernos e unha vida para esquecernos



Comentarios

  1. Moitas gracias por todo. Non para de contar historias sobre estes días de campamento, sen dúbida unha experiencia que non esquecerá. Gracias polo voso traballo e por cuidar deles tan ben 😊

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas aos monis por ser tan bos e cariñosos connosco, sobre todo a Aixa. Un bico xigante para todos, dende os campistas ata os incribles e máxicos monitores.

    ResponderEliminar
  3. Gracias a todos por la implicación y el cariño mostrado. Experiencia superpositiva y gratificante.

    ResponderEliminar
  4. Muchas gracias por todo!! Sin duda el mejor campamento al que fue Míriam.Lo pasó en grande y habla maravillas de todo y todos.
    Se fue queriendo volver,así que si hay suerte el año que viene... ahí la tendréis de nuevo.

    ResponderEliminar
  5. Soy Maggie. Muchas gracias a todos, monis y campistas. Este ha sido mi primer campamento de verano y me lo pasé genial. Me encantaron las veladas, el rocódromo, la tirolina y la idea de la "Guacachina" .Ha sido una experiencia inolvidable y espero que me toque el año que viene. ¡Estoy muy contenta de haber ido!

    ResponderEliminar
  6. soy Emma Dacosta., ha sido la mejor experiencia de mu vida, nunca lo olvidaré! Un beso a todos los monitores y a mis compañeros. Os quiero mucho.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario