Álbum diario Campamento "Telón de aventuras" Teatro en Entrimo. Q2
Día 1: Emoción, primeiras amizades, miradas coñecedoras. Todo isto mentres pola mañá fixemos xogos de presentación e recibimos a todos os participantes. Chegamos, os participantes coñecen aos monitores e aos seus novos compañeiros de aventura, coñecen o campamento e as instalacións que serán a súa casa durante os próximos 10 días. Despois das actividades para coñecer o entorno e o equipo de monitores entramos no comedor, pola tarde preséntanse os materiais cos que conviviremos: Wakachina (caixa de obxectos perdidos) e Camerómetro (As súas habitacións serán camerinos, con unha estrela no paseo da fama para os máis organizados). Pola tarde todos xogan a Galos e romanos, un xogo ambientado na famosa película de Astérix e Obélix e facemos a proba de natación. Pola noite non podían faltar á primeira velada, na que convivirán con cantantes e artistas aos que terán que conquistar se queren que o seu equipo teña un bo resultado. Día 2 Espertámonos no noso marabilloso campamento, e algúns ...